miércoles, 4 de agosto de 2010

NO MUNICIPIO DE LAZA ESTÁN SIN SERVIZO DE TELÉFONO PORQUE ALGUÉN ROUBOU O CABLE DA LIÑA DO TENDIDO TELEFÓNICO

Unha parte do cable da liña de teléfono entre Matamá e Laza foi roubado. É algo típico xa últimamente, para logo supostamente vender o cobre. Pero este roubo, leva aparellado que os veciños estén sin servizo telefónico dende hai tres días. Toño é un dós afectados. Ten un taller en Matamá e está sin teléfono, agás o mobil. Xa contactou coa compañía telefónica e a resposta que recibiu é que están xa reparando a avería, pero Toño non ve a ningún operario pola zona e o único que ten comprobado é que está sin servicio. Pide unha solución. Este veciño afectado contará a sua historia hoxe en Onda Cero Verín, no programa Verín na Onda.

0 comentarios:

Publicar un comentario