lunes, 24 de enero de 2011

VERIN PODERIA PERDER O SERVIZO DE INSPECCIÓNS MEDICAS PARA AS PERSOAS QUE ESTÁN DE BAIXA. HAY QUE DESPLAZARSE A OURENSE

As persoas que están de baixa médica tiveron durante tempo a posibilidade de pasar as inspeccións correspondentes en Verín, xa que persoal do Sergas desplazábase ata esta vila ós luns para facer este trámite. Pois ben este servizo está cáseque perdido, a maior parte das veces o persoal de inspección non ven a Verín e esto non significa que as persoas que están de baixa non pasen inspección senón que teñen que ir a Orense para este trámite. A edil de Verinenses Independentes, Olga Rivera, pediulle ó alcalde que mova fíos para non perder de todo este servizo e repura-lo có desplazamento do persoal de Inspección a Verín para evitar molestias e gastos os cidadáns que están de baixa e teñen que pasar inspeccións médicas.

0 comentarios:

Publicar un comentario