lunes, 24 de enero de 2011

OS NEGOCIOS QUE COLABORAN CÓ ENTROIDO DE VERIN RECIBEN CARTEIS DE DIFERENTES COLORES, SEGUNDO A APORTACIÓN. PARA O PSOE É DISCRIMINACIÓN

O Concello de Verín está recaudando diñeiro entre os comerciantes da vila para o Entroido. Os empresarios de forma voluntaria fan a sua aportación e dependendo da cantidade coa que colaboran o Concello coloca no local un cartel no que anuncia que é un local colaborador. Pero esos carteles teñen diferente color, dependendo da aportación, para diferenciar os que dan moito dós que dan pouco. Os que non dan nada non teñen cartel.
O grupo socialista puxo o grito no ceo, e ve unha discriminación, xa que entende que a aportación é voluntaria polo que non debe haber diferencias visibles entre uns e outros. O voceiro Emilio Glez pediulle ó alcalde que se edite un único cartel para anunciar que os establecementos colaboran co entroido e se retiren todos os colocados ata agora porque discriminan os industriales.

1 comentarios:

rar dijo...

Gustaríame que o Sr. Emilio Glez. Afonso tivese un dos locais que colaboran como é debido (tendo en conta os ingresos que lle aporta o Entroido) e que xusto enfrente tivera un local que de forma case insultante aportara unha m.... e que tanto un coma o outro tiveran o mesmo distintivo, as mesmas charangas, o mesmo agradecemento da poboación.... e despois que opinara

Publicar un comentario