miércoles, 24 de noviembre de 2010

UN NENO DE VERIN, CON SETE ANOS, GAÑA O TERCEIRO PREMIO DO CONCURSO DE FELICITACIÓNS DA WEB DE FERNANDO ALONSO

Un neno de Verín, Manuel Quintas Martínez, obtivo o terceiro premio no VII Concurso de felicitacións de Nadal da web oficial do piloto Fernando Alonso (www.fernandoalonso.com). O premiado ten sete anos. Na actividade participaron máis de douscentos xóvenes de diferentes países, entre eles cincuenta do municipio verinense baixo o impulso ofrecido dende a Biblioteca Pública Municipal de Verín. O obxetivo é impulsar as actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación bibliotecaria.

0 comentarios:

Publicar un comentario