miércoles, 24 de noviembre de 2010

PATRIMONIO NON AUTORIZOU, ALO MENOS POR AGORA, A CEMENTACIÓN DA CALZADA QUE LEVA O CASTELO, OBRA QUE ESCOMENZOU A DEPUTACIÓN E QUE ESTÁ PARALIZADA

A Comisión Provincial de Patrimonio reunirase mañá para aprobar ou rexeitar que a calzada romana de acceso ó Castelo de Monterrey sexa cuberta con cemento como xa escomenzou a facer a Deputación de Ourense, sin contar có correspondente visto e prace. A actuación, dada a coñecer e criticada públicamente en Onda Cero Verín no apartado de Reflexión por Eduardo Castro, está a levantar polémica e mesmo levou a Patrimonio a paralizar os traballos ata que este organismo tome una decisión firme.
Trátase dun monumento declarado de Interés Cultural. As voces críticas lamentan actuacións como ésta, dirixidas por organismos como a Deputación de Ourense que pretende cubrir o actual vial con cemento para facilitar o acceso de vehículos o entorno do Castelo de Monterrey. Enriba da capa de cemento a intención era, ó parecer, colocar adoquíns de cor grisáceo.
A Deputación presentou no seu momento ante Patrimonio o proxecto desta obra, pero antes de contar coa autorización de Patrimonio escomenzaron os traballos e xa hai cemento botado na calzada. As obras foron paralizadas e mañá decidirán se continúan có asfaltado ou se rexeita esta actuación. A obra conta con axuda económica dos fondos europeos. A inversión supera os 66.000 euros

0 comentarios:

Publicar un comentario