viernes, 26 de noviembre de 2010

ENMENDAS DO PSOE ÓS ORZAMENTOS DA XUNTA, REFERIDAS AS COMARCAS DE VERIN E FRIEIRAS

O Partido Socialista presentou enmendas ó orzamento da Xunta referidas á comarca de Verín e parte de Conso-Frieiras por importe de 14 millóns de euros. Así o expresou esta mañá en rolda de prensa o parlamentario Juan Carlos Fco, acompañado do voceiro no concello de Verín Emilio Glez Afonso. O PSOE sostén que o documento do goberno autonómico discrimina a esta comarca
As enmendas introducidas refírense a concellos como Gudiña para o abastecemento en San Lorenzo e o centro de saude: para a conexión de Laza coa A-52 por Baldriz: para a construcciñón de un centro de maiores en Cualedro e obras de abastecemento e saneamneto neste municipio...tamén contemplan as enmedas actuacións en Mezquita, Vilardevós, Monterrei e mesmo propoñen a construcción de unha estación depuradora de aguas residuais en Castrelo do Val, así como partidas para a dinamización do sector turístico-termal en Verín...
os socialistas puntualizaron que no documento da Xunta hai partidas por importe de 6 millóns de euros para esta comarca e obviase a 7 dós nove concellos desta zona. A meirande parte está programada para o polígono de Tamagos pero como non se vai a executar no novo ano, os socialistas temen que a cifra non sexa nin esa...

0 comentarios:

Publicar un comentario