miércoles, 24 de noviembre de 2010

AS POETAS MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO ACTUAN NO IES GARCIA BARBON

O vindeiro luns 29 de novembro, de 5.20 a 6.15 da tarde e no salón de
actos do IES García Barbón terá lugar a actuación das poetas María
Lado e Lucía Aldao. Será baixo o título MOITA POESÍA E POUCA DIVERSIÓN
e coas voces das propias artistas acompañadas de guitarra e coros do
público.
Esta é unha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da
Lingua Galega do centro e ten por obxectivo dotar de maior prestixio o
idioma galego, nunha asociación de poesía e lecer desacademizadora
para esta arte.
María Lado e Lucía Aldao son dúas artistas amplamente recoñecidas no
panorama literario actual, con publicacións tanto individuais como
colectivas, premiadas en numerosas ocasións, pertencentes ao Batallón
Literario da Costa da Morte e características non só por producir
textos poéticos, senón por interpretalos, popularizalos e achegalos á
poboación.
Este espectáculo está dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato e de
Ensinanzas de Réxime Especial que se ofertan no IES García Barbón
(EBI-Ensinanzas Básicas de Adultos, ESA- Ensinanza secundaria para
persoas adultas, PCPI- Progrma de Cualificación Profesional Inicial
-antigamente PGS; Programas de Garantía Social)

0 comentarios:

Publicar un comentario