lunes, 12 de julio de 2010

ROUBAN TRES CANS EN MIXÓS, MONTERREY

Indignado. Así está un veciño de Monterrei ó que lle roubaron esta pasada fin de semana 3 cans de caza que tiña gardados no pobo de Mixós. Non sabe cómo puido ser, nin quen, o único que sabe é que unha cadela de 5 anos e dous cans máis cativos lle desapareceu e que alguén os roubou. Non desconfía de ninguén pero sí está convencido de que o autor ou autores coñecía moi ben ós cans e o sitio onde estaban. A garda Civil está a realizar as xestións oportunas

2 comentarios:

Unknown dijo...

Boas Ángeles,
En primeiro lugar parabéns pola inicitiva de por en marcha un blogue informativo da comarca, falta facía algo así.
No que respecta a esta nova, coidado co topónimo, MONTERREI, no titular télo escrito con y, e doe na vista!!

ondaceroverin dijo...

Tes toda a razón do mundo. Que conste que no meu ordenador entra automáticamente con Y polo que habitualmente hai que modificalo. (pero esa non pode ser disculpa). De todos xeitos ¡mira por onde!!! serviume para descubrir que estás aí. Xa sabes que se tes algo que contar podes contactar con nós. E por outro lado, as críticas constructivas sempre son boas. Saúdos

Publicar un comentario