lunes, 12 de julio de 2010

ELIMINACIÓN DE 4 CURVAS EN LA REFORMA DE LA CARRETERA VILARDEVÓS-SOUTOCHAO



O proxecto inicial da mellora da estrada Vilardevós- Soutochao mantiña as tres curvas consideradas perigosas a altura de A Ribeira e mesmo a situada no Salto do Cabalo. Logo de varias xestións do PP de Vilardevós serán eliminadas estas 4 curvas e o trazado executarase en liña recta. Xa escomenzaron os traballos da reforma integral desta vía que une Verín con Soutochao. Ata Vilardevós foi mellorado o trazado logo de varios anos de loita e agora acaban de escomenzar as obras do tramo que resta ata ó final desta estrada, Soutochao. As obras que deberían estar rematadas no ano que ven, contan cun orzamento de 1.400.000 euros.

O proxecto inicial foi elaborado polo anterior goberno da Xunta. Nese documento estaba contemplado manter as curvas de Ribeira e Salto do Cabalo, aínda que máis anchas. O voceiro do PP, Manuel Cardoso, mantivo unha xuntanza có conselleiro de Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, na que lle expuxo a necesidade de cambiar ese trazado e eliminar as curvas. Logo de varias xestións, a petición foi aceptada. Manuel Cardoso, mostrase satisfeito polo cambio admitido pola Xunta e opina que será unha mellora sustancial nesta vía que ten un tránsito de vehículos diarios xa que entre outros factores a estrada leva a empresa Xuntoira de Berrande.
Manuel Cardoso pasou polos estudos de Onda Cero para contar esta nova e falar de Vilardevós. se queres escoitar a conversa pincha aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario