jueves, 29 de julio de 2010

PINTADO DE SINAIS HORIZONTAIS EN VERIN

O Concello de Verín tenta mellorar a imaxe de algunhas rúas da vila. Á reordenación no tráfico levada a cabo, por exemplo, na rúa Juan Guerra Valdés, (á do ambulatorio) na que agora só se pode aparcar nunha dás suas marxes; únese a limpeza de beirarúas (ás que boa falta lle fai) e tamén o pintado de pasos de peóns. Esta mañá tocoulle o turno ó cruce da rúa Rosalía de Castro coa estrada de Laza. Dende hoxe os cidadáns tamén dispoñen de un paso de peóns nesta rúa, coñecida tamén como a do cemiterio ou mesmo a do Mercadona. Foi pintado esta mañá o paso de peóns, moitas veces demandado polas persoas que atravesan esta rúa cada día xa que é unha das zonas da vila con gran cantidade de tráfico, fundamentalmente en horas punta e tamén nos días de feira. Esta sinalización mellorará a seguridade viaria e a dos peóns. Hai que ter en conta ademáis que é un lugar de paso para as persoas que se dirixen andando dende Verín ata ó hospital, por exemplo.

0 comentarios:

Publicar un comentario