lunes, 21 de junio de 2010

PXOM. ABEDES. ALEGACIONS

21.6.2010
Os veciños de Ábedes, en Verín, presentarán mañá martes no Concello un escrito de alegación, avalado coa firma de 325 veciños, no que deixan patente a sua oposición ó vial que está contemplado no plan xeral de ordenación municipal. Un pxom que nestes intres está en exposición pública e ata o día 5 pódense presentar as alegacións que os vecinos consideren pertinentes.
Ademáis da alegación conxunta de Ábedes tamén haberá alegacións individuais dos propios vecinos. Os residentes nesta localidade están profundamente preocupados pola contemplación de un novo vial que atravesará o pobo para desconxestionar o tráfico no centro de Verín.

Ábedes é un dós pobos nos que máis malestar existe logo de ver os planos do novo plan xeral, pero tamén hai preocupación polo futuro urbanístico noutras localidades. Precisamente para deixar patente as suas posturas, os vecinos de varios pobos de Verín teñen convocada unha manifestación contra o plan xeral que terá lugar o venres pola tarde. Será unha maneira de pedirlle os responsables locais que se mellore o plan xeral e se contemplen as alegacións que van presentar ata o 5 de xullo.
Por diferentes rúas de Verín foron colocados pequenos panfletos convidando a toda a poboación a participar nesta manifestación. Temen que as alegacións veciñais non sexan atendidas e mesmo que segundo expresan no escrito que foi distribuido por Verín.
Neste escrito están representados (ou alo menos figuran os nomes dos pobos) de Queizás, Pazos, O Salgueiro, A Rasela, ábedes e Cabreiroá.



Falando de novos viais e en concreto da futura circunvalación de Verín, o alcalde aproveitou a visita de responsables de Fomento o sábado a este municipio con motivo da inauguración da autovía que une Verín con Portugal, para trasladarlle o proxecto da rotonda que está previsto sexa construida na N-525 á saida de Verín, dirección Ourense (a altura dos chalets construidos antes de chegar a Pazos). A proposta pasa por construir a rotonda que permita cruzar hacia a esquerda en dirección Verín Pazos en nun futuro será o punto de unión coa vía de circunvalación que está previsto sexa construida.

0 comentarios:

Publicar un comentario