miércoles, 23 de junio de 2010

ABEDES ALCALDE

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, non comparte todas as posturas que defenden os vecinos de Ábedes sobre o vial de circunvalación que aparece reflexado no plan xeral de ordenación municipal (en período de exposición pública). Ata o día 5 de xullo está marcado o plazo para presentar alegacións. 325 sinaturas avalan unha alegación conxunta do pobo de Ábedes presentada onte no concello.
O rexedor convida ós vecinos a que presenten alegacións para se é posible mellorar o plan xeral, pero ó contrario do que pensan os residentes en Ábedes, Jiménez Morán entende que o vial de circunvalación é necesario en Verín porque o documento urbanístico non está pensado para un par de anos senón para un mínimo de 20 anos.
Jiménez di que lle chama a atención que persoas vencelladas ós grupos da oposición critiquen este documento e ó vial cando a redacción do plan xeral foi iniciado cando gobernaban nacionalistas e socialistas e xa daquela se contemplaba, por exemplo, o vial de circunvalación.
O alcalde lamenta que no seu día cando tratou de explicarlle ós vecinos o documento e para elo se desplazou a Abedes, os vecinos se quedaran fora do local social e non entraran nin a escoitar, nin a preguntar e dí que a él non o poden acusar de non dialogar . Claro que agora o alcalde so no Concello e aínda que dí que non se arrepinte de ir no seu día a Abedes para tratar de explicar cós técnicos o plan xeral e ter que marcharse do pobo entre abucheos, non voltará ó pobo para o mesmo , afirmou o rexedor.Hoxe estará en Onda Cero Verín para respostar as preguntas que plantexaron onte os vecinos e falar de outros temas do municipio.

0 comentarios:

Publicar un comentario