jueves, 24 de junio de 2010

FEMURO. CONCERTO PANDERETAS

Se che gusta a música achégate a Laza este sábado, 26 de xuño as dez da noite.
A Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO) organiza “A noite das pandereteiras”. Será na praza do Outeiro ao aire libre, con motivo da festa de “San Xoan”. O concerto é libr e está enmarcado dentro dás actuacións de pandereta e cántigos de diferentes asociacións de mulleres rurais integradas en FEMURO e que se iniciaron, na súa meirande parte, no toque das ferreñas, fai uns meses.
Participarán a Asociación de Mulleres Rurais “O Cruceiro” de Matamá, Asoc. MMRR “As Candelas” de Pazos, Asoc. MMRR. “San Pedro” de Queizás, Asoc. MMRR “Adiante” de A Xironda, Asoc. MMRR. “A Ribeira” de Villaza, Asoc. MMRR. “Bibei” de Viana do Bolo e Asoc. MMRR. “Tres de Maio” de Laza. Tamén estará como convidado o grupo “Brixel”e rematará coa actuación do conxunto de pandereteiras profesionais: “Piconas do Irixo”.

Este concerto ten un carácter “interxeracional”, xa que nel destaca a interacción participativa entre mulleres de diferentes idades do rural, nutríndose mutuamente de experiencias compartidas.
A través deste concerto preténdese por unha banda, visibilizar a aportación social e cultural da muller no medio rural e por outra banda, promocionar e revalorizar a cultura musical galega. Trata de ser un espazo de intercambio de experiencias, confraternidade e dinamización cultural no medio rural.

0 comentarios:

Publicar un comentario