miércoles, 29 de junio de 2011

VIVENDAS SOCIAIS PARA RAIRIZ DE VEIGA

O alcalde de Rairiz de Veiga, Xaquín Rodríguez, está disposto a ausumir a reforma de varias vivendas antiguas mercadas no seu día por Xestur, para poder ofrecelas como vivendas sociais, algo dó que están carentes no municipio.
Este é o plantexamento que elevará hoxe ós responsabeis do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Este organismo da Xunta ten en propiedade media ducia de casas vellas que mercou no seu día en Rairiz de Veiga pero o proxecto quedou parado e non ten visos de avanzar.
No concello hai demanda de vivendas sociais, pero a institución municipal carece deste tipo de inmobles. Dada a petición vecinal, o alcalde optou por proporlle ós responsabeis do Instituto Galego de Vivenda e Solo que lle cedan as vivendas antiguas á institución municipal e será o concello quen se encargue da sua rehabilitación e posterior explotación por parte do organismo municipal como vivendas sociais dirixidas fundamentalmente a xóvenes. Na actualidade en Rairiz dispoñen de 11 vivendas sociais en alugueiro.

Xaquín Rodríguez tamén quere mellorar a rede de abastecemento e saneamento en pobos do municipio. Para elo elevou o proxecto de actuación ó delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. Xaquín Rodríguez que se presentou nas pasadas eleccións polo Partido Popular, está convencido de que se trata de unha necesidade para os veciños de varias localidades de Rairiz polo que insistirá ata acadar a axuda económica necesaria para facer realidade este proxecto. O delegado territorial da Xunta mostrouse disposto a axudar, polo que o alcalde xa ten un punto ó seu favor.

Xaquín Rodríguez tamén aproveitou para coñecer detalles dós fondos de compensación medioambiental para desenvolver actividades nesta área có propósito fundamental de crear postos de traballo para evitar a despoboación e conseguir que os xóvenes se queden no municipio. tamén se pretende dar un impulso á eficiencia dás enerxías renovables e mercar equipamentos e medios que permitan desenvolver proxectos medioambientais.

0 comentarios:

Publicar un comentario