miércoles, 29 de junio de 2011

TAICHI EN VERIN

Se quere practicar Taichi de forma gratuita ten a oportunidade dende o luns día 4 de xullo ata o día 14. Trátase de un curso que organiza o Centro deportivo Arco coa colaboración do concello. O horario é de 8 a 8'45 na Praza Carmen Estévez de Verín, ó carón da Piscina Climatizada.
Os organizadores inssiten en que se trata de unha actividade destinada á relaxación de corpo e mente, na que é fundamental a respiración.Os beneficios que ofrece son variados: mellora do equilibrio, redución de caídas e incremento de forza nas extremidades, mellora das funcións respiratoria, cardiovascular e inmunitaria, e promoción do benestar emocional.

0 comentarios:

Publicar un comentario