Destas escolas forman parte nenos dende 9 a 15 anos, nas categorías de benxamíns, alevíns e infantís.
Neste curso 2010-2011, o Concello de Verín encargase da formación deportiva de todos os participantes nestas categorías. Os xuvenís e o primeiro equipo de fútbol siguen a cargo do Verín C.F. ESCOITA ESTA INFORMACIÓN HOXE EN VERIN NA ONDA EN ONDA CERO VERIN
Dende o concello o edil Victor Baladrón apuntou que se trata de unha aposta para fomentar unha política municipal promotora da saúde, que impulse a participación comunitaria, promova ambientes onde sexa máis fácil practicar estilos de vida saudables, a través da boa alimentación e da práctica regular do deporte. 109
Na presentación das escolas deportivas de fútbol tamén tomou a palabra o alcalde, Juan Manuel Jiménez, quen o primeiro que resaltou foi o resultado dós traballos que provocaron unha ampla reforma de todo o complexo deportivo de A Granxa e que o alcalde considera a segunda mellor instalación deste tipo na provincia, despois da capital ourensán. Foron investidos dous millóns de euros.
Claro que o alcalde tamén apuntou que unha dás labouras da Administración é promover hábitos saudables e para elo é necesario ter boas instalacións e contar con proxectos coma a Escola de Fútbol municipal. Jiménez pediu esforzo a todos para que sexa unha escola
Para calqueira proxecto é necesario contar có apartado económico e en tempos de crisis é preciso agudizar o inxenio e contar con axudas. Para elo dende o concello petaron en diferentes portas de empresas. Algunha dela abriu non so a porta senón tamén a carteira. Para que todos os verinenses en xeral, e os pais de nenos da escolas en particular, se enteren de quén colabora con este proxecto, o alcalde xa anunciou que será editado un díptico coa foto dos nenos das escolas e información das empresas que colaboran coa formación deportiva dós máis xóvenes (moitos deles futuros xogadores do Verín Club de Fútbol, e algún deles quizás futuro profesional deste deporte). O alcalde aproveitou tamén para pedirlle a todos os pais que se fagan socios do Verín C.F
Despois das obras feitas en A Granxa e o diñeiro investido, o alcalde rematou a sua intervención pedindo colaboración de todos para evitar o deterior deste complexo. SORTE A TODOS
0 comentarios:
Publicar un comentario