jueves, 30 de septiembre de 2010

A MALEZA O CARÓN DE VIVENDAS PREOCUPA A VECIÑOS DE VERIN

A maleza en varias fincas próximas a vivendas de Verín ten preocupado a máis de un veciño. Unha dás últimas queixas está centrada na rúa Taboada Chivite. Aquí hai un bon número de fincas edificadas, con casas e terreos en bon estado de limpeza pero tamén hai varios terreos que teñen aspecto de abandono porque as herbas medraron, ninguén as cortou, e hoxe hai moitas secas, por mor do paso do verán.
Os veciños con vivendas próximas a este tipo de fincas están tremendo que en calqueira intre unha cabicha mal apagada poida provocar un incendio ou mesmo alguén mal intencionado provoque un lume que afecte ás suas vivendas. Con este temor levan vivindo todo o verán e non entenden cómo a Administración local non actúa en consecuencia. Agora o seu temor descenderá porque coa chegada de choivas o risco é menor pero o problema está sin solucionar.
Reclaman a implicación da Administración se os donos das fincas incumplen a normativa en materia de limpeza. Dende o concello convidan ós veciños a que formulen denuncias cando teñan este tipo de problemas porque din que non poden ser vixiantes de todas e cada unha das titularidades privadas.
Os veciños de zonas como Taboada Chivite sosteñen que non é a primeira vez que unha brigada limpa as silvas que saen das fincas hacia a beirarúa polo que deben ter máis que constancia da situación dós terreos. Piden que se tome nota e se actúe (no vindeiro ano) con tempo para evitar situacións desagradables e que haxa fincas cheas de maleza ó carón de vivendas durante todo o verán, sobor de todo.

0 comentarios:

Publicar un comentario