martes, 14 de septiembre de 2010

O ALCALDE DE VERIN DI QUE NO CONCELLO HAI SERVIZOS OS QUE CHEGARON OS TEMPOS DAS VACAS ESCUÁLIDAS

O concello de Verín ten servizos que acarrean tal déficit que o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, asegura que terán que buscar fórmulas para poder continuar con eles debido a gran cantidade de diñeiro que ten que aportar o concello para mantelos en activo xa que o pago por parte dós usuarios non chega a nada, no seu mantemento.
É o caso de servizos como as piscinas ou mesmo o conservatorio.
A situación económica do Concello é moi complexa debido a que disminuiron considerablemente os ingresos, mentras que os gastos aumentaron. Dixo o alcalde ante os micrófonos de Onda Cero que xa non é tempo de vacas flacas senón de vacas escuálidas (poderán escoitalo hoxe no programa Verín na Onda).
O alcalde fixo estas declaracións logo de que dende o grupo Adei lle pediran que artellara un sistema para que, por exemplo, nas piscinas descubertas, o persoal que cobra a entrada poida saber se o usuario está ou non censado neste municipio, xa que hai persoas que no seu carné de identidade teñen outro domicilio e sin embargo están censados en Verín e pagan os seus impostos aquí. Tamén hai casos a inversa.

0 comentarios:

Publicar un comentario