martes, 14 de septiembre de 2010

CALDELIÑAS TERÁ CENTRO SOCIAL NOS TERREOS COMUNAIS DO POBO

Con unha subvención do plan Leader os veciños da zona de Caldeliñas contarán con un telecentro social que estará ubicado na zona norte do terreo comunal que ten o pobo. Así foi acordado onte polo pleno da corporación logo de aprobar provisionalmente o plan especial de infraestructuras e dotación do solo rústico de protección ordinaria nas normas subsidiarias de planeamento neste municipio. A obra será executada con un orzamento que supera os 115.000 euros. O alcalde, Juan Manuel Jiménez, asegurou onte no pleno da corporación municipal que xa hai acordo neste senso cós propios veciños
Os políticos locais tamén acordaron anular o procedemento de contratación da concesión administrativa do servizo de depuración de augas residuais do concello de Verín. Presentou alegacións a empresa Aquagest. Dende o partido socialista, o voceiro Emilio Glez Afonso, pediu que a anulación non sexa parcial senón definitiva e que este servizo pase de novo a depender da institución municipal. Os socialistas non apoian a privatización de servizos, e menos aqueles que entenden poden axudar ás arcas municipais..
O alcalde asegura que non hai ningún tipo de irregularidade, de todos xeitos aínda que estaba previsto tratalo onte en pleno, foi anulado o terceiro punto da orde do día para analizar con máis detemento o regulamento que marcará o verquido e uso do sistema público de saneamento para a sua posterior adxudicación, en canto rematen todos os trámites burocráticos.

0 comentarios:

Publicar un comentario