martes, 28 de septiembre de 2010

A EUROCIDADE CHAVES-VERIN DESPERTA INTERÉS EN BRASIL

Unha delegación brasileira estará hoxe en Verín e Chaves para coñecer de primeira man todos os detalles da eurocidade. No encontro estarán tamén responsabeis da Xunta, de Exteriores e da Comisión Coordinadora da Región do Norte de Portugal. A primeira dás reunións terá lugar pasada a unha da tarde na Casa do Concello de Verín, coa presencia tamén do alcalde deste municipio e do de Chaves. Pola tarde haberá unha xornada de traballo, con todos os técnicos, no país veciño.
A delegación brasileira está interesada, ó parecer, no proxecto da eurocidade que con axudas europeas busca desenvolver iniciativas comúns para neste caso Verín e Chaves, pertencentes a dous paises diferentes.

0 comentarios:

Publicar un comentario