jueves, 23 de septiembre de 2010

DOUS TEMAS HOXE PARA VERIN NA ONDA

Hoxe en Onda Cero Verín contaremos có testimonio de unha persoa á que a vida se lle truncou ós 18 anos por mor dun accidente de tráfico que a deixou nunha cadeira de rodas. Chámase Ana López, pertence á area de Movemento asociativo de Cogami. Falaranos de un curso que se está impartindo en Xinzo para persoas con diferentes discapacidades. Será en Verin Na Onda, a partires dás 12.30. Tamén falaremos da festa da Merced e da procesión nocturna que terá lugar esta noite en Verín. Sairá do Fogar Santa María, na estrada de Laza, perto dás 11 da noite para rematar na Igrexa da Merced a medianoite, onde terá lugar unha misa. Como cada ano, o templo estará repleto, a bon seguro. A festa central será mañá.

0 comentarios:

Publicar un comentario