miércoles, 22 de septiembre de 2010

ALUMNOS DA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS ENSINAN AS SUAS OBRAS

Se vostede quere coñecer algúns dos traballos artísticos que se fixeron ó longo do pasado curso na Escola de Artes e Oficios de Verín, achéguese dende mañá e ata o 30 de setembro á Casa do Escudo de Verín. Primeiro foron os máis cativos desta Escola e agora son os maiores de 17 anos os que nos mostran as suas obras. Leva por título Expoarte 2010.
Se desexa matricularse na Escola de Artes e Oficios, aínda está a tempo. Falaremos deste tema, e de outros, hoxe en ONDA CERO VERIN, no programa de radio VERIN NA ONDA
Nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios fórmanse alumnos cunha idade mínima de 17 anos, nas especialidades de cerámica, pintura (debuxo, óleo, acrílico e pastel) ou talla en madeira. Estas aulas tratan de cubrir un dobre obxectivo: procura do uso creativo do tempo de lecer e capacitación profesional, que permitirá aos alumnos acceder ao Carné de Artesán, despois de catro anos de formación no centro.
As clases impártense en horario extralaboral, nos meses comprendidos entre a segunda quincena de setembro e a primeira de xuño. No pasado curso participaron nestas actividades formativas e ocupacionais, promovidas polo Concello de Verín, un total de 89 alumnos.

O horario para visitar Expoarte 2010 é de luns a sábado, ambos os dous incluídos, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

0 comentarios:

Publicar un comentario