jueves, 24 de junio de 2010

PP XINZO CARTA AL DEFENSOR MILITANTE

Alfonso Patricio, o concelleiro do PP en Xinzo que se mostrou crítico coa forma de elexir o candidato a alcalde por esta formación política de cara as eleccións municipais, mandaralle un escrito ó defensor do militante no que lle explicará que en Xinzo se está vulnerando o artículo 6 do reglamento interno do partido. Patricio Novoa explicou que non presentou candidatura ó congreso do PP que se celebrará na vindeira semana porque nun principio se dixo que os que non tiñan ó día o pago das suas cuotas non podían votar, sin dar tempo para poder pagar as cuotas. Pero agora que xa pasou o plazo para presentar candidatura, houbo un cambio na norma e sí se vai permitir que se ingresen os importes das cuotas pendentes de pago.
Tamén se incumpliu a norma, segundo afirmou Novoa nunha entrevista en ONDA CERO VERIN, á hora de elexir o candidato porque entende que primeiro se debería facer o congreso, logo elexir o comité executivo e despois elexir o candidato e non foi asi
8’30 9’50

Alfonso Patricio Novoa ten previsto, xunto cun grupo de persoas vencelladas ó PP, presentar unha candidatura alternativa de cara ás eleccións municipais. Novoa asegurou que Antonio Pérez, unica persoa que presentou candidatura de cara o congreso de xullo e aspirante a alcalde de Xinzo, xa lle advertiu que ou cambiaba de postura ou sería expulsado. Asegura que o están votando do partido
5’13 6’43
O equipo de críticos do PP en Xinzo din que para cambiar de postura, só sería necesario que se convocara unha asamblea de militantes e que estos libremente elexiran o candidato oficial do partido, limpiamente.
7’57

0 comentarios:

Publicar un comentario