jueves, 24 de junio de 2010

ALEGACIÓNS PXOM. ALCALDE

Todas as alegacións individuais que se presenten ó plan xeral de Verín serán estudadas con detalle polo equipo redactor do documento polo que ningunha irá ó caldeiro do lixo como reza nun panfleto distribuido polos convocantes da manifestación contra o plan xeral programada para mañá venres. Así o garantiu o alcalde, Juan Manuel Jiménez, en Onda Cero Verin.
Corte 7’50
O alcalde de Verín fixo este matiz para deixar claro que os técnicos analizarán todas as alegacións individuais e, nos casos nos que se detecte que efectivamente debe ser modificado o documento urbanístico atendendo as explicacións que se exponían na alegación, será elevada ó pxom.
Corte 12’23

O alcalde mostrouse molesto cós críticos de Ábedes porque, entre outros motivos, non mostraron interés en dialogar, segundo o rexedor quen apuntou que foi constituida unha asociación e aínda non pediron unha cita có alcalde para falar dós temas que lles preocupan. Tampouco entende o rexedor que se convoque unha manifestación para mañá sen antes escoitar ó alcalde e ós técnicos que fixeron o plan xeral.
Corte 2’12 y 2’50

O 5 de xullo remata o plazo para presentar alegacións ó plan xeral. O alcalde dixo en Onda Cero Verín que deben aproveitar para facer alegacións e non para insultar
Corte 6’13
Sobre o vial de circunvalación ou radial que aparece no plan xeral e que é a causa central das críticas en Ábedes, o alcalde matizou que xa aparecía no documento inicial, que escomenzaron a facer no goberno bipartito polo que non entende as críticas de persoas como a presidenta da asociación de vecinos, vencellada ó BNG.
Corte 4’56
O alcalde recoñeceu que no documento do plan xeral hai fallos, principalmente de alineacións polo que todos os vecinos que o desexen deben presentar alegacións para modificar o que esté mal e tamén deben facer propostas para mellorar o plan xeral
11’40Jiménez Morán tamén puntualizou por último que as alegacións deben ser individuais e non colectivas.

0 comentarios:

Publicar un comentario