lunes, 28 de junio de 2010

BIBLIOTECA VOLUNTARIOS EN ANTENA 3 E NA EMBAIXADA DE CHILE


Unha ducia de voluntarios/as da Biblioteca Pública Municipal de Verín que podemos ver na foto, visitaron o venres as instalacións de Antena 3 TV e a Embaixada de Chile.

Esta visita está incluída dentro do premio concedido pola Fundación Antena 3 á Biblioteca Pública de Verín pola realización do Proxecto de Voluntariado Cultural e Fomento á Lectura. Unha iniciativa na que nenos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos, participan en actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización destas instalacións municipais, a través da realización de contacontos, manualidades e murais, e que están destinadas a nenos/as do municipio con idades entre os 3 e 8 anos.

Por outra banda, e tras a gravación por parte dos voluntarios/as desta biblioteca do vídeo de ‘Apoio ao pobo chileno’, tras o terremoto acontecido neste pais, a Embaixada de Chile en Madrid ofreceulles unha recepción aos/ás rapaces/zas. Á mesma asistiron o embaixador Sergio Romero e o agregado cultural da embaixada, Sergio Macias, que lles agradeceron esta actuación e a colaboración que se está a realizar, desde o ano 2008, coa escola María Villalobos Arteaga na VI Región de Chile, para o intercambio de experiencias no ámbito do fomento á lectura a través da profesora Rosa Peña Duarte.

0 comentarios:

Publicar un comentario