martes, 25 de octubre de 2011

O ENTROIDO 2012 TRAE DE CABEZA O CONCELLEIRO DE FESTEXOS PORQUE HAI POUCO DIÑEIRO NAS ARCAS MUNICIPAIS

No Concello de Verín non dan cadrado as contas para que o diñeiro chegue para afrontar todos os proxectos. O concelleiro de Festexos anda fancendo números para conseguir a partida necesaria para poder preparar a festa do Entroido. Victor Baladrón confirmou hoxe en Onda Cero Verín que terán que facer importantes recortes na principal festa de Verín porque, segundo afirmou, as arcas municipais están en números vermellos.
O concelleiro de Festexos sostén que se o pobo quere unha festa como se merece terán que involucrarse todos os implicados, en clara alusión ó sector hosteleiro e empresarios que directa ou indirectamente se beneficiarán económicamente coa celebración do Entroido.
Baladrón apuntou que Verín terá festa pero do Concello non pode sair unha gran partida e o diñeiro que van poder aportar será insuficiente para atender a todos os apartados que abrangue o Entroido. Posiblemente os primeiros recortes se centrarán no apartado musical. O concelleiro apuntou que non se lle poden subir os impostos ós veciños e logo gastar grandes partidas en festas, agás que a poboación se involucre e faga aportacións suficientes para colaborar á hora de afrontar todos os gastos da festa do Entroido 2012 en Verín

0 comentarios:

Publicar un comentario