lunes, 6 de junio de 2011

PREOCUPACION EN VERIN POLOS EDIFICIOS EN RUINAS. CAE PARTE DUNHA VIVENDA CANDO NA CASA DE ENFRENTE ESTABA A PUNTO DE SAIR UNHA NOIVA PARA IR A CASARSE

Un inmoble en mal estado provocou un gran susto a veciños da rúa Mariano Carrero de Verín en pleno casco vello. Derrumbouse parte da vivenda, deshabitada, e desplomouse o tellado. Afortunadamente non houbo que lamentar desgracias persoais, e eso que á hora do derrumbe estaba a punto de sair dunha vivenda próxima unha noiva que ía cara a Igrexa a casar....foi o sábado pola tarde e ese día os colexios están pechados, porque o carón de onde ocurriu este derrumbre hai un colexio e a rúa na que está o inmoble é transitada por nenos e papás que acuden o colexio Amaro Refojo.
Os veciños pídenlle o concello por enésima vez que actúe ante os edificios que presentan un estado ruinoso e que ameazan con derrumbarse porque en calqueira intre pode haber unha desgracia. En Verín hai un elevado número de edificios nesta situación e son moitos os veciños que van a miudo polo concello a informar de inmobles en estado ruinoso polo perigo que pode conlevar para os viandantes que circulan pola rúa porque hai casos nos que a caida de cascotes é constante.
Dende o concello sosteñen que están preocupados tamén por este tema e que están tentando solventar este problema

O rexedor, Juan Manuel Jiménez, xa anunciou hai tempo que ían a facer un censo deste tipo de edificios para pedirlle os seus donos que melloren a situación dos inmobles ou en caso de facer caso omiso que sexa o propio concello o que actúe e logo pasarlle a factura o dono do inmoble. O censo aínda está sen rematar. Hoxe o alcalde voltou a reunirse cós técnicos e coa secretaria do concello e será levantada un acta para que quede constancia da postura do grupo de goberno. Unha forma de curarse en saúde se un día se produce unha desgracia.
O alcalde sostén que actuará en base o que a lei lle permita pero quere que todos os donos de edificios ruinosos se preocupen polas suas propiedades e melloren a sua situación

0 comentarios:

Publicar un comentario