lunes, 13 de junio de 2011

O PSOE DI QUE SE O CURA QUE SAIU CONCELLEIRO FORA NUNHA LISTA DO PP PODERÍA EXERCER AS DUAS FUNCIÓNS

O voceiro do PSOE en A Gudiña asegura que se o cura que entrou como concelleiro socialista neste municipio estivera nunha lista do PP non sería suspendido da sua función sacerdotal. En Castrelo do Val un cura foi concelleiro en pasados mandatos.
Na comarca de Monterrei hai máis de un caso no que os curas formaron parte de listas electorais en pasados comicios. Algún tivo que rexeitar a sua acta de concelleiro e outros tiveron oportunidade de exercer como tales por un tempo. A historia repítese. O número 2 do psoe no concello ourensán de A Gudiña é sacerdote na zona de Cea. O sábado Antonio Fernández Blanco tomou posesión como edil socialista e hoxe mesmo o Obispado de Ourense comunicou a suspensión do seu exercicio pastoral por este feito. Hai anos estivo en A Gudiña como sacerdote pero un problema con algúns veciños propiciou o seu traslado. Seguiu como mestre en A Gudiña de ahi a sua conexión cós socialistas. O número 1 do PSOE Miguel Angel Rodríguez Rguez lamenta esta situación, máxime tendo en conta que estamos en pleno século XXI. Sostén que se o cura estivera nunha lista do PP sí podería compatibilizar a sua función de político coa da Igrexa. Non entende a decisión do bispo.


Antes de tomar posesión dende o Bispado de Ourense advertíronlle das consecuencias canónicas que tería esa decisión. Está suspendido como cura mentras non deixe a acta de concelleiro

0 comentarios:

Publicar un comentario