martes, 15 de marzo de 2011

O PSOE APOSTA POR UNHA MULLER PARA ENCABEZAR A LISTA EN OIMBRA DE CARA ÓS COMICIOS MUNICIPAIS

Dentro da comarca de Monterrei, ó partido socialista fáltalle por definir os candidatos ás eleccións municipais de maio en Cualedro, Monterrei e Riós. Na meirande parte dos concellos de Frieiras e Monterrei repiten candidato, aínda que hai excepcións coma en Oimbra, onde entra por primeira vez unha muller, Marta Arias. Para ela tamén será a sua primeira experiencia en política. En A Mezquita, Gudiña, Vilardevós e Castrelo o número un será o mesmo que na presente lexislatura. En Verín xa contamos que encabezará a lista Emilio González Afonso. Pouco a pouco o PSOE vai dando a coñecer os números un dentro da comarca. O luns esta formación política, se non hai cambios, presentará a candidatos na Casa da Cultura de Verín.
Etiquetas: psoe eleccions

0 comentarios:

Publicar un comentario