martes, 15 de febrero de 2011

UN XOVEN DE VERIN ROUBOULLE, PRESUNTAMENTE, AS XOIAS Á ABOA, VENDEUNAS E XA ESTÁN FUNDIDAS

Un xoven de Verín de 20 anos deixou sen xoias a sua aboa. Presuntamente rouboullas a finais do ano pasado, vendeunas e as xoias xa están fundidas, así que a muller ten moi difícil a recuperación das suas xoias. O rapaz, veciño do pobo de Vilela, foi detido por la Garda Civil de Verín. As xoias estaban valoradas en 5.000 euros. A titular das xoias mostrouse moi sorprendida cando en vísperas de fin de ano, comprobou que alguén lle roubara as xoias que tiña gardadas na sua vivenda. Foi á Garda Civil para denunciar os feitos e despois de varias investigacións os axentes sospeitaron que o presunto autor podía estar no entorno da familia. As averiguacións deron onte un paso importante, con todos os datos recabados pola Policía. A media mañá foi detido o neto da denunciante como presunto autor da desaparición das xoias da sua aboa.

1 comentarios:

JLopez dijo...

avoa é con V, non con b... ó que debería ser o forte dun periodista parece que non o é!!!

Publicar un comentario