lunes, 21 de febrero de 2011

EN XINZO RECOLLERÁN SINATURAS CONTRA A INCINERADORA

En Xinzo de Limia sigue a preocupaciñón veciñal pola posibilidade de que esta localidade acolla unha planta incineradora de lixo. Para deixar patente unha vez máis que o pobo e os grupos políticos da oposición non queren este tipo de actividade na Limia, acaba de ser creada unha plataforma vecinal e política. O vindeiro sábado haberá unha concentración na Praza Maior e terá lugar unha recollida de sinaturas entre a poboación que queira deixar patente a sua oposición a incineradora.
Sosteñen que sería unha empresa negativa para a saúde das persoas e para os diferentes medios de vida desta comarca, como o sector agrario polo tanto non hai nada positivo que poida xustificar a instalación dunha planta deste tipo.

0 comentarios:

Publicar un comentario