miércoles, 9 de febrero de 2011

EN XINZO ESCOMENZA O ENTROIDO ESTE SÁBADO

O ciclo do entroido empeza esta fin de semana. Por diante queda un mes que xirará, fundamentalmente entorno a esta celebración. En pobos entroideiros están ultimando todos os preparativos: comparsas, carrozas, disfraces, traxes característicos de cada zona....
A Limia é un dós lugares onde máis dura o Entroido. Escomenza este sábado có Pistoletazo que indicará o inicio da festa ás 12 da noite na Praza Carlos Casares. O domingo será o fareleiro e así seguirá ata o domingo grande de Entroido o día 6 de marzo. Ó fareleiro seguiralle, o domingo oleiro e o corredoiro.O programa da festa foi presentado este mediodía na Casa do Concello. Segue unha liña semellante ás últimas edicións.

0 comentarios:

Publicar un comentario