martes, 25 de enero de 2011

MORREU DON FELISINDO, O CURA DE TAMAGUELOS

Tamaguelos acollerá mañá os funerais polo que durante décadas foi cura deste pobo, así como de Mourazos e Tamagos, don Felisindo Rodriguez. Un dós párrocos máis coñecidos dentro e fora da comarca de Monterrei. Faleceu os 77 anos. Os seus restos mortais serán enterrados en Dozón o xoves. Mañá mércores as 4 e media da tarde a Igrexa de Tamaguelos acollerá os actos relixiosos do funeral. Ó día seguinte os seu corpo sen vida será trasladado a Igrexa de Dozón onde se celebrará unha misa.
Felisindo Rodríguez foi coñecido pola sua laboura sacerdotal pero tamén por multitude de outras facetas, entre elas a de profesor de relixión no hoxe colexio García Barbón de Verín. Tamén foi promotor de obras como o templo da Peregrina no Alto do Foxo, entre outras moitas actuacións.

0 comentarios:

Publicar un comentario