martes, 4 de enero de 2011

A EUROCIDADE CHAVES-VERIN DA PASOS PARA POR EN MARCHA PROXECTOS EN MATERIA DE SAUDE, TRANSPORTE E TURISMO A NIVEL TRANSFRONTEIRIZO


O grupo de traballo da Eurocidade Chaves-Verín reuniuse hoxe neste último municipio. En febreiro empezarán a traballar no proxecto da Eurocidade da Auga que con perto de 2 millons de euros permitirá facer realidade, se non hai cambios, un proxecto turístico termal coa creación do hotel balneario escola de Cabreiroá. En dous meses haberá unha reunión entre autoridades lusas e galegas para dar pasos cara a compartir nun futuro, se a lexislación non o impide, recursos e servizos sanitarios. O grupo de traballo tamén quere que, antes de que remate este ano, funcione un servizo de transporte de viaxeiros con carácter transfronteirizo entre Verín e Chaves. Claro que tamén haberá que contar cós correspondentes permisos internacionais. Se queres coñecer a información oficial ofrecida dende a Eurocidade pincha aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario