jueves, 23 de diciembre de 2010

ANUNCIAN UNHA PLANTA DE BIOMASA FORESTAL EN VERIN

Hoxe foi anunciada a primeira empresa que, en teoría, se asentará no futuro polígono industrial de Tamagos en Verín. Pertence ó grupo Norvento e será unha planta de biomasa forestal AXB Verín Limia.
A empresa que non escomenzará a funcionar ata o 2012, se todo sale como está previsto, producirá enerxía termoeléctrica a partir da combustión de biomasa forestal procedentes de actividades silvícolas e aproveitamentos forestais, desbroces en montes e limpeza de viais. Será semellante á que xa funciona en Allariz, aínda que máis grande e con máis potencia. O anuncio foi feito hoxe en Verín polo reponsable de Norvento, Miguel Angel Balboa, acompañado polo alcalde, Juan Manuel Jiménez, quen se mostrou ilusionado polo feito de que nos tempos que corren, se esté falando de asentamento de empresas e xeración de postos de emprego. Neste senso, Balboa anunciou que serán creados 15 empregos directos asociados á propia empresa e 85 indirectos. A empresa será posta en marcha con un orzamento de cáseque 13 millóns de euros.

1 comentarios:

Unknown dijo...

Eso es bueno que aya Empresas que quieran asentarse en la comarca de Verin dando trabajo para la gente de la zona para que los jóvenes no tengan que acabar en las grandes capitales como Madrid y Barcelona .
Siempre que respeten el medio ambiente y su entorno que queda salvaje en la zona.

Publicar un comentario