viernes, 26 de noviembre de 2010

AS LUCES DE NADAL NON SERÁN ACENDIDAS EN VERIN ATA A SEGUNDA QUINCENA DE DECEMBRO E HABERÁ MENOS QUE OUTROS ANOS

Ate a segunda quincena do mes de decembro non se acenderán as luces de nadal en Verín. É unha medida tomada debido a falta de diñeiro no Concello, e para aforrar. Pero ademáis van ser reducidos os arcos decorativos de nadal, é decir colacarán menos que outros anos. Tamén para aforrar.
Os comerciantes de Verín pedíronlle ó Concello que ambiente as rúas da vila con luces navideñas para dar vida ó pobo e incentivar as compras no nadal.
O alcalde, Juan Manuel Jiménez, dixo que hai que axustar os gastos dada a situación de crisis e polo tanto instalarán menos arcos decorativos de nadal nas rúas e estes serán acendidos pasado o día 15 para aforrar diñeiro.

0 comentarios:

Publicar un comentario