jueves, 21 de octubre de 2010

RIÓS TEN TODO PREPARADO PARA HOMENAXEAR ÁS CASTAÑAS E ÓS COGUMELOS CON UNHA FESTA, E XA VAN 16

Que Riós é un dós municipios productor de excelente castaña, no sur ourensán, é ben coñecido por todos. Para promocionar un dós productos centrais que ten este municipio e que aporta unha boa axuda a moitas economías dós veciños, o Concello de Riós ten ultimado o programa para celebrar a XVI Festa da Castaña e o Cogumelo, porque tamén é un lugar idóneo para degustar cogumelos nacidos nos montes deste municipio. Será o día 7 de novembro.
O programa abrangue dende un concurso fotográfico có outono e os froitos típicos desta época en Riós (para ver detalles das bases pincha aquí) ata un concurso de pratos de cociña, nós que lóxicamente non pode faltar a castaña ou os cogumelos como ingrediente principal (aquí atoparás máis detalles do concurso. Pincha aquí). Pero esto non é todo, está todo preparado para celebrar o 2º tour da Castaña con rutas de 20 e 58 kms. É necesario inscribirse (atoparás aquí máis información). O día 6 de novembro haberá unha saída micolóxica e o día 7 será o día grande con distintas opcións. (Aquí tes o programa).
Anotade esta festa na vosa axenda e non a perdades. Atoparedes productos de calidade. Bós magostos

0 comentarios:

Publicar un comentario