viernes, 29 de octubre de 2010

PASOS PARA CREAR EN VERIN O CENTRO DE ARTES MUNICIPAIS

Verín contará con un Centro de Artes Municipais, é decir un auditorio. Para facer o proxecto hai unha partida de 230.000 euros. Hai un concurso de ideas (para facer o edificio )aberto neste momento para que todas as persoas interesadas presenten propostas ata o 29 de novembro. O gañador será premiado con 20.000 euros polo concurso e recibirá ademáis 200.000 euros para facer o proxecto.
Todos os arquitectos que o desexen poden diseñar o que será o Centro de Artes municipais de Verín. Recibirán tamén premio os traballos que queden en segundo e terceiro lugar con 7.000 e 3.000 euros respectivamente.
Onte saiu publicado no DOG e hai dous días no BOE a convocatoria para o concurso de ideas. O alcalde Juan Manuel Jiménez mantén que con esta convocatoria se deu un paso importante para que Verín dispoña de un Centro de Artes Municipais que constará de unha sala principal para 600 persoas e outra complementaria con capacidade para 150 espectadores.
O alcalde dixo que quere un edificio emblemático. Estará situado no entorno de Fontenova ata a estrada Canella Cega. Deste xeito tamén saiu o paso das críticas do grupo socialista e matizou que non se está a falar de fume senón de unha realidade

0 comentarios:

Publicar un comentario