lunes, 13 de septiembre de 2010

UNHA AVERIA NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA IMPEDIU ESTA MAÑA DUCHARSE A UN BON NÚMERO DE VERINENSES

Os verinenses que esta mañá non se pudieron duchar por falta de agua, xa o poden facer porque xa está solucionada a avería que deixou sin agua potable nas suas casas os veciños da estrada de Laza e a zona de Salgueiro. O problema estivo centrado na rotura de unha tubería que levou consigo o corte na rede central de toda esa vía. Aínda que a empresa encargada do servizo colocou un par de folios en 3 ou 4 portais, no inicio da estrada de Laza, comunicando que dende as 7 e media da mañá se quedarían sin suministro, a verda é que a falta de auga nos edificios notouse horas antes (e se non que llo pregunten ós máis madrugadores). Despois dás 8 da mañá xa empezaron os traballos en firme para arranxar a tubaxe. Quedou solucionado arredor dás 11 da mañá, segundo aseguraron dende a empresa oficial da auga en Verín.
Debido a avería, quedou reducida a presión da auga polo que moitos inmobles víronse faltos deste líquido por esa pouca presión. O que está claro é que por esta avería foron moitos os que esta mañá non tiveron a oportunidade de meterse baixo a ducha e disfrutar dun baño. Xa está solucionado

0 comentarios:

Publicar un comentario