jueves, 16 de septiembre de 2010

O PSOE DE VERIN SOSTEN QUE A PRIVATIZACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS SO SIRVE PARA QUE O PP ENCHUFE A PERSOAS AFINS A ESTE PARTIDO

O Partido Socialista de Verín está cargando as pilas para afrontar os últimos meses desta lexislatura e para poñer sobre a mesa todos os aspectos que considera negativos no traballo feito polo actual equipo que goberna o Concello. Os socialistas reclaman solucións inmediatas a problemas importantes dentro do municipio e axilización en trámites que están pendentes como o plan urbanístico, ou os avances para a construcción do polígono industrial de Tamagos e a ampliación da área empresarial de Pazos, entre outros. En materia de seguridade tampouco están contentos dende este grupo da oposición co goberno popular de Juan Manuel Jiménez Morán e moito menos coa política de privatización de servizos municipais que non benefician os veciños, segundo os socialistas, senón que só sirven para que os populares enchufen ós seus e poidan cumplir coas promesas de traballo que lle fan a algunhas persoas afíns a sua ideoloxía. Hoxe escoitaremos as verbas do voceiro socialista en ONDA CERO, no programa VERIN NA ONDA, que se emite de 12'30 a 14 horas. Para coñecer máis argumentos dados por Emilio Glez Afonso pincha aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario