martes, 14 de septiembre de 2010

ATA NOVEMBRO NON VOLTARÁ A ABRIR A INSTALACIÓN DA PISCINA CLIMATIZADA

Os usuarios dos servizos que oferta a piscina climatizada terán que agardar, como mínimo, ata novembro para voltar a disfrutar destas instalacións por mor das obras que se están a executar dende o verán e que, aínda que deberían estar a punto de rematar, aínda resta unha boa parte dos traballos.
Había un acordo establecido coa empresa executora das obras para que éstas estiveran rematadas neste mes, senón habería unha penalización diaria de 500 euros segundo anunciou o concelleiro de deportes, Victor Baladrón. Nembargantes o alcalde dixo que houbo varias modificacións no proxecto inicial polo que está xustificado o retraso. Juan Manuel Jiménez explicou que na zona na que se ofertan cursos como pilates e outros vai ser cambiado o chan que ata agora era de parqué industrial por outro pavimento elástico.
Tamén noutra das salas que se fixeron con estas obras e que ten un tamaño considerable, dende o grupo de goberno propuxeron que se habilitara para (en caso necesario) poder utiliza-la o mesmo tempo para duas actividades conxuntas por medio de un panel.Tamén van a facer melloras nas xuntas do chan da piscina climatizada e mesmo tamén hai modificacións para instalar paneis solares na instalación. Todo elo, segundo o alcalde, fai que as obras sufran un retraso superior a un mes se se cumplen as previsións

0 comentarios:

Publicar un comentario