lunes, 23 de agosto de 2010

UN LUME LEVA QUEIMADO EN LAZA UNHAS 200 HECTÁREAS DE MONTE DA LOCALIDADE DE MATAMÁ

Os lumes forestais non cesan. Dentro da comarca de Monterrei, o Concello de Cualedro ten sido un dós máis castigados este verán. Pero o lume tamén ten chegado a outros montes da comarca coma Oimbra, Verín.... nas últimas horas tocoulle a Laza con un lume que escomenzou onte domingo a mediodía e que 24 horas máis tarde aínda continúa activo. Segundo datos da Consellería de Medio Rural, o incendio iniciouse ás 14:02 horas de onte domingo, 22 de agosto, e os primeiros datos provisionais elevan a superficie afectada polo lume elévase a 198 hectáreas (1,98 quilómetros cadrados). Nos labores de extinción deste lume traballan 2 técnicos, 11 axentes forestais, 37 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 18 motobombas, 7 palas, 31 helicópteros e 16 avións.
A Ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, pese a todo calificou hoxe de bós os resultados dós lumes rexistrados no conxunto do estado español tendo en conta que descenderon en relación a outros anos, de todos xeitos matizou que mentras haxa incendios que contabilizar nunca se poderá falar de datos positivos. Tamén dixo que no Ministerio aínda non tiñan datos dos lumes rexistrados en Galicia.

0 comentarios:

Publicar un comentario