miércoles, 11 de agosto de 2010

O LUME ARRASA 28 HECTÁREAS DE MONTE EN CUALEDRO

O longo de toda a tarde de onte e ata a madrugada estivo ardendo o monte no concello de Cualedro. Afectou considerablemente a terreos da localidade de Montes. O lume escomenzou perto das cinco da tarde e, segundo datos da Consellería de Medio Rural, non quedou extinguido ata as 12 da noite. Os primeiros datos cifran en 28 as hectáreas de monte que arderon durante sete horas en Cualedro
Nas tarefas de extinción deste incendio traballaron 1 técnico, 4 axentes forestais, 11 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 4 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións e 2 palas.

0 comentarios:

Publicar un comentario