martes, 10 de agosto de 2010

A ASOCIACIÓN O GRELO VERDE OFERTA UN POSTO DE TRABALLO

A Asociación Grelo Verde, operativa na comarca de Monterrei, precisa unha persoa para xestionar este colectivo. Non precisan grandes titulacións, pero sí unha persoa dinámica e con gañas de aprender. Dedicarase fundamentalmente a presentar os proxectos da asociación a centro de Ensino para animalos a que nos comedores escolares se consuman productos ecolóxicos e conceciar tanto a alumnos como profesores e mesmo a pais e nais da importancia de comer san. Tamén traballará para realizar actuación encamiñadas a conservación do entorno. Dende a Asociación ofrecen traballo a media xornada, polas mañás. Piden ter coche propio, así como convicción e coñecementos sobre ecoloxía, medioambiente e agricultura. Os interesados poder enviar curriculum a greloverde@gmail.com. A persoa elexida empezará a traballar en setembro.

0 comentarios:

Publicar un comentario