martes, 24 de agosto de 2010

ABERTA UNHA INVESTIGACIÓN PARA DAR CÓ AUTOR DO LUME DE LAZA

En Laza a Policía sigue coas investigacións para tratar de descubrir quén é o autor do último lume rexistrado en montes da parroquia de Santa María de Matamá que queimou unhas 200 hectáreas de monte arborado. Os veciños están decepcionados e mesmo preocupados. Así o afirmou en ONDA CERO VERIN o propio rexedor, José Angel García Morais. PINCHA AQUÍ
Tanto os veciños do municipio de Laza coma as autoridades municipais están convencidos de que o lume foi intencionado. Parece ser que todos os anos nesa mesma zona hai un intento de queima pero nesta ocasión conseguiron o obxetivo. O rexedor entende que é moi difícil saber os motivos que levan a un pirómano a prenderlle lume ó monte, aínda que o máis probable é que se trate de persoas con algún tipo de problema psicolóxico xa que doutra forma non se entende unha actuación deste tipo. PINCHA AQUÍ
Polo de agora hai unha investigación aberta para recoller todas as probas que sexan posible de cara a chegar ó autor do lume. PINCHA AQUÍ
A imaxe que se pode ver nos montes queimados entre Matamá, Retorta e Laza é desoladora. O alcalde recalcou que se trata de un desastre ecolóxico importante. Arderon árbores que superaban os 30 anos. PINCHA AQUI
Nos labores de extinción deste lume traballaron n 2 técnicos, 13 axentes forestais, 44 brigadas, 20 motobombas, 7 palas, 32 helicópteros e 19 avións

1 comentarios:

Bot dijo...

Bo día, Ángeles.
Déixoche unhas imaxes do incendio que tomei o domingo e que editei o luns pola mañá.
http://vimeo.com/14357750

Por fortuna, oficialmente xa está controlado (arestora)

Publicar un comentario