martes, 6 de julio de 2010

A MELLORA DA ADUANA DE FECES DE ABAIXO ESTÁ MÁIS PERTO

A empresa verinense Vipeca será, con toda probabilidade, a que se encargará de renovar a antiga aduana de Feces de Abaixo para convertila en sede da Eurocidade Chaves-Verín. A adxudicación, polo de agora, é provisional. Presentaronse algo máis de media ducia de ofertas e a empresa verinense foi a que obtivo maior puntuación. Nestes intres está aberto o plazo para presentación de alegacións. De non xurdir problemas será a firma de Verín a encargada de reformar o edificio da vella aduana cun orzamento de 323.000 euros.
As obras consistirán nunha mellora integral do edificio que leva varios anos pechado e con importantes destrozos. Foi cedido o ano pasado polo Ministerio de Facenda ó Concello, logo dun logo período de xestións burocráticas. A intención dos responsables municipais é destinar este edificio a sede da eurocidade Chaves-Verín, unha vez que sexa reformado.

0 comentarios:

Publicar un comentario