sábado, 19 de junio de 2010

INAUGURACION A-75

19.6.2010
Xa está en funcionamento a nova autovía que une Galicia con Portugal, por Verín, denominada A-75. Permite unha conexión directa entre a autovía Rías Baixas (A-52) e a autopista portuguesa IP3 .

O Ministro de Fomento, José Blanco, que inaugurou a autovía xunto có máximo responsable do Ministerio de Obras Públicas en Portugal, Antonio Mendoza, suliñou que servirá para reforzar máis o vínculo entre dous paises irmáns. Ademáis de aumentar o número de vehículos que pasarán por esta autovía tamén será un acicate para o transporte de mercadorías. Abogou tamén pola unión dós dous paises para unha recuperación común.


A nova vía que será un importante nudo de comunicación, ten preocupados ós veciños de Feces de Abaixo: pobo verinense fronteirizo que atravesado pola N-532 (ata agora a estrada oficial para entrar e sair de Portugal por esta parte da provincia) mantivo vivo o seu comercio grazas o paso constante de vehículos. Agora temen que a nova vía recorte drásticamente os seus ingresos. Unha representación de comerciantes mostroulle a súa precocupación ó Ministro de Fomento díxolles na inauguración da autovía e os industriais pedironlle ter opcións para que o comercio de Feces poida estar nun futuro representado na área de servizo que será construiida. O Ministro abogou pola transparencia dos concursos de adxudicación ó que se deberán presentar se están interesados.

0 comentarios:

Publicar un comentario