jueves, 7 de julio de 2011

O GOBERNO DE VERIN QUERE PEATONALIZAR PARTE DO CASCO VELLO

O grupo de goberno de Verín quere peatonalizar parte do casco vello de Verín, despois do verán.
O xefe da Policía Local de Verín por un lado e o arquitecto da oficiña de rehabilitación do casco vello por outro, están elaborando un informe para analizar cómo se debe desenvolver a peatonalización de varias ruas no casco vello. Nun primeiro intre afectará as rúas Cruz, Lisa e Maior. Eso sí serán instalados pivotes que poderán subir e baixar os donos de garaxes situados nestas zonas para que poidan entrar e sair, pero serán os únicos que terán acceso a esta parte do casco vello en coche.
A medida é unha proposta do grupo de goberno do PP dende hai tempo que, xa no seu intre, atopou diferencia de opinións (como agora). Hai quen ve na peatonalización un beneficio e outros que só ven inconvintes. O grupo de goberno unha vez teña o informe da Policía non dubidará en peatonalizar boa parte do casco vello por, entre outros motivos, entender que beneficiará a esta parte do pobo e porque están convencidos de que as zonas antiguas deben estar libres da circulación de vehículos.
A peatonalización de varias rúas no casco vello de Verín formará parte de un proxecto de humanización da zona antigua no que tamén está incluido o soterramento dos cables de servizos como enerxía eléctrica que aínda se poden ver con tan só dar unha volta polo casco vello. Os veciños tamén reclaman do concello que actúe para mellorar a estética porque hai numerosas propiedades en estado ruinoso que non ofrecen a mellor imaxe para o casco vello en particular e a vila en xeral.

0 comentarios:

Publicar un comentario