miércoles, 22 de junio de 2011

OS RECORTES ORZAMENTARIOS DA DEPUTACIÓN DEIXAN Á FEIRA DO VIÑO DE MONTERREI SEN AXUDA ECONÓMICA DESTE ORGANISMO

feira do viño de Verín terá este ano grandes recortes orzamentarios por parte dos organismos colaboradores, incluso hai algún como a Deputación de Ourense que xa comunicou que non dispón de partida para este evento, algo que lamentan tanto dende o Consello Regulador coma dende o Concello de Verín. O seu alcalde, Juan Manuel Jiménez, dixo que a pesares de todo sí haberá feira do viño e para elo pediulle colaboración ó presidente da Xunta. Tamén reclama que fagan aportacións económicas para a feira todos os concellos da denominación de orixen porque ata agora só ten aportado diñeiro o Concello de Verín e mesmo que todos os adegueiros se impliquen económicamente
3’05

Deste xeito o Consello Regulador da Denominación de Orixen Monterrey terá 3.000 euros menos de axuda, xa que este importe era o que viña aportando a Deputación. O Concello de Verín sí colaborará pero con menos cantidade. Na última edición aportou 8.000 euros e este ano a cantidade fixada para a VI feira do viño terá un reducción de uns 2.000 euros.
A falta de confirmación da cantidades económicas que aportarán outros organismos, a feira do viño de Monterrey terá lugar na segunda fin de semana de agosto. Posiblemente se cambiará a ubicación, pasando da Plaza Maior, onde hai horas que os termómetros se disparan, hacia ó carón do río na Alameda.

0 comentarios:

Publicar un comentario