O municipio de Oimbra é pioneiro dentro da comarca de Monterrei á hora de contar con un Centro de Día e ben orgullosos poden estar. Por un lado por dispor deste servizo e por outro por contar con unhas instalacións como se merece a poboación en xeral e os mayores en particular. Con motivo do día do Maior, responsables da Xunta e do Concello estiveron hoxe en Oimbra cós maiores do Centro de Día e as suas familias porque se están a celebrar unhas xornadas adicadas ó maior. Alumnos do colexio de Oimbra tamén compartiron actividades cós usuarios. A música púxoa con bon ritmo a banda de gaitas.
Trátase de acadar un envellecemento activo. Ese é precisamente un dós obxetivos do Plan de Maiores que ten en marcha a Xunta. Tamén se busca un intercambio de experiencias de mayores ó resto da sociedade.
Oimbra é un dós moitos concellos que ten un elevado número de persoas mayores e é o primeiro desta zona que conta con Centro de Dias. O alcalde, Alfonso Villarino aproveitou para pedir tamén que se poña en funcionamento a vivenda comunitaria e unha gardería infantil. A Secretaria Xeral de Familia, Susana López, (presente no acto) tomou boa nota e comprometeuse a atender as demandas de todos os concellos tendo en conta tamén a situación económica que vivimos.
Falamos co responsable do centro de dia de oimbra, Rubén Grande, pero tamén estivemos coa secretaria xeral de familia e benestar. Conversamos con familiares de usuarios desta instalación e mesmo compartimos a inauguración dunas xornadas que se están a celebrar dende hoxe en Oimbra con motivo do Día do Maior. ESCOITA EN ONDA CERO

0 comentarios:
Publicar un comentario